Saison 2

15 épisodes

(15 h)

1
2
3
4
5
6
7
8
9
10

Filtrer

Saison 1

Saison 2

Saison 3

Saison 4

Saison 5

Saison 6

Saison 7

Saison 8

Saison 9

Saison 10

Saison 11

Épisodes

Modifier ma progression
Serramoura, 1982

S2 E1 Serramoura, 1982

Un asasinato cometido hai máis de trinta anos. Un crime que dinamitará a fráxil paz da localidade. Raquel e Marga deben retornar ao ano 1982 e buscar no pasado dos seus veciños, dos seus amigos. Unha viaxe no tempo que revelará segredos, mentiras e miserias, entre os que se atopa a clave para dar co asasino da súa nai. As primeiras pistas, mestura de recordos e de investigación, teñen un sorprendente sospeitoso: o tenente Tomás Penedo. O superior do posto de mando, será investigado polos gardas que traballan para el. Que atoparán?

Première diffusion : 4 octobre 2015

Foraxidos (1ª parte)

S2 E2 Foraxidos (1ª parte)

Uns ladróns andan pola vila, unha perigosa banda de asaltantes de casas que non tardarán en dar coa máis rechamante de Serramoura: a de Evaristo Fiúza. No seu asalto, os violentos delincuentes farán de Evaristo, Román e Gloria os seus reféns. Pero a Garda Civil non tardará moito en descubrir a situación. Será un caso moi complicado para os homes de Tomás Penedo, non só polo perigo dos delincuentes aos que se enfrontan, senón porque se trata das vidas dalgúns dos veciños máis coñecidos da vila.

Première diffusion : 11 octobre 2015

Foraxidos (2ª parte)

S2 E3 Foraxidos (2ª parte)

Evaristo pídelle axuda a dona Teresa para pagar o rescate do seu fillo. A negativa da viúva de Soutelo marcará un antes e un despois entre os, ata agora, dous veciños máis poderosos da vila. Esgotadas todas as vías “razoables”, a Fiúza non lle quedará máis remedio que tratar de resolver a situación ao seu xeito. E o seu xeito implica un gran risco para el e para Gloria e Román, aínda reféns dos atracadores.

Première diffusion : 18 octobre 2015

O prezo a pagar

S2 E4 O prezo a pagar

A resolución do secuestro dos Fiúza rematou coa morte dun dos secuestradores, os irmáns Rial. Iago, o único sobrevivente dos dous atracadores, clama vinganza. O seu obxectivo: acabar coa vida da sarxento Marga Neira. Só o seu compañeiro, o sarxento Diego Bazán, pode protexela. Os habitantes de Serramoura afrontan unha nova fatalidade: o incendio do viveiro. Pero o que parece un accidente é en realidade o resultado dun acto desesperado por parte de Roque, un dos propietarios. Unha acción que podería acabar coa vida da súa propia filla, Elena, e que axiña espertará as sospeitas da Garda Civil.

Première diffusion : 25 octobre 2015

Penitencias

S2 E5 Penitencias

Raquel chegou ata o final na súa investigación sobre o pasado da súa nai. E, para a súa sorpresa, foi dona Teresa quen lle facilitou as pezas que faltaban na súa historia. As irmás Neira teñen a oportunidade de escoitar a voz da súa nai a través dunhas vellas gravacións das sesións que no seu día gravou o seu psiquiatra. Tremendamente doloroso é tamén polo que está a pasar Luz: vítima dun terrible crime, debe facerlle fronte a unha dura investigación. Unha misteriosa carta chega ao posto da Garda Civil, unha máis do posible asasino de Carme Varela, esta vez para exculpar a Moncho, o marido da vítima. Para os Fiúza tamén se complican as cousas. Afectados os seus terreos polo Plan Natura, Evaristo necesita buscar novas explotacións forestais, pero tópase, unha vez máis, co mesmo problema: Teresa Soutelo.

Première diffusion : 1 novembre 2015

Asinado, sarxento Neira

S2 E6 Asinado, sarxento Neira

A familia Pardo abandona definitivamente “Serramoura”. Roque decidiu cederlle a súa parte do negocio a Román e pechar este capítulo da súa vida. A súa muller, María, diralle adeus para sempre a Evaristo, quen foi o seu amor de mocidade. Pero en Serramoura todo tende a complicarse. As despedidas, tamén. Gloria cre descubrir que Evaristo é o asasino de Carme Varela. Pero, se así é, por que o fixo? Para entender o que sucedeu, os espectadores volverán aos anos 80 para descubrilo. Sexa como sexa, a resolución deste misterio está en mans de Evaristo. E, no medio da investigación, Álex regresa á vila. Pero faino ás agachadas, quizais guiada polo seu instinto xornalístico. En que está a traballar a filla de Raquel e Pancho? Que pode ser tan secreto que lle impida, agora que está en Serramoura, visitar á súa propia familia? Moitas cousas cambiaron desde que a moza marchou. E entre as novidades atópase o novo emprego de Santos, que agora traballa para don Amancio, o párroco de Serramoura. Unha estraña alianza que pode ter consecuencias inimaxinables. Alleo a todo isto, Hugo, o home de confianza de Evaristo Fiúza, atópase detido e á espera de xuízo pola suposta violación de Luz, a camareira da taberna.

Première diffusion : 8 novembre 2015

Isto é só o principio

S2 E7 Isto é só o principio

Álex foi asasinada. O seu cadáver apareceu nos bosques da vila e a escena do crime anuncia unha investigación complexa e tortuosa. Sabéndoo, o tenente Penedo quere apartar a Marga, tía da vítima, do caso. Pero a sarxento Neira amosarase firme na súa decisión: ela mesma será quen encerre o asasino da súa sobriña. Pero, que facía Álex en Serramoura e por que non avisou a ninguén da súa visita? Esta é a primeira das moitas preguntas que terán que responder se queren facerlle xustiza a Álex. Mentres tanto, Santos segue a traballar para don Amancio, o párroco de Serramoura. Unha parella imposible obrigada a entenderse e que terá no serradoiro de Teresa Soutelo o seu primeiro gran conflito. Quen gañe a batalla marcará a pauta na súa relación.

Première diffusion : 15 novembre 2015

Promesas

S2 E8 Promesas

As alianzas en Serramoura son tan imprevisibles como pouco duradeiras. Agora Santos converteuse en provedor do serradoiro en mans de Gloria, á que fornece madeira. Pero parece que hai algo en que non conseguiron chegar a un acordo: ambos os dous teñen criterios moi distintos sobre a precisión coa que pesa a báscula do serradoiro. Detrás, como non, está Santos, personaxe obsesionado cunha soa cousa: o diñeiro. Mentres, un novo personaxe aparece en escena: o alcalde de Serramoura, Rogelio Fidalgo. Próximas as eleccións, trata de establecer novas alianzas, neste caso con Evaristo Fiúza. Pero o problema é que Evaristo non está afeito estar á sombra de ninguén. Por non falar dun pequeno detalle: non soporta a Rogelio.

Première diffusion : 22 novembre 2015

Soterrado

S2 E9 Soterrado

Os espectadores da TVG verán hoxe como o alcalde de "Serramoura", Rogelio Fidalgo, quere a Evaristo na súa lista para a reelección. Con todo, Teresa Soutelo faralle axiña unha proposta máis ambiciosa: encabezar a súa propia candidatura, optar a ser o próximo alcalde. No caso polo asasinato de Álex, a Garda Civil atópase tras a pista de Lucas, principal sospeitoso do crime. Ademais, a investigación deu un xiro inesperado coa localización do posible escenario do crime: a igrexa parroquial. No capítulo deste domingo, un elemento máis fará a súa aparición: Peixe. O peculiar delincuente, moi coñecido polos axentes de Serramoura, di atopar, casualmente, a cámara de fotos da moza. Quizais a memoria garde algunha pista do seu asasino.

Première diffusion : 29 novembre 2015

Catro sospeitosos

S2 E10 Catro sospeitosos

O caso do asasinato de Álex segue cheo de preguntas sen resposta. Quen matou a Lucas é a última delas. Unha peza máis no crebacabezas en que se está transformando a investigación. Outra peza atoparana Raquel e Pancho, os pais de Álex, que, na súa obsesiva cruzada por facerlle xustiza á súa filla, conseguen información moi valiosa, crucial, da que non dispón a Guardio Civil. Que farán con ela? O problema é que Raquel quere tomarse a xustiza pola súa man. E, para ela, a xustiza farase cando morra o asasino da súa filla, se é posible, da súa propia man. Mentres, don Amancio, párroco de Serramoura, intenta conseguir que o seu sancristán o libere do peso dunha confesión que segue a ser un misterio para o espectador, pero que pode acabar co fráxil equilibrio que se estableceu na vila tras o asasinato de Álex. E, no medio de tanto balbordo, dona Teresa orquestra a campaña política de Evaristo Fiúza. Este dedica o seu tempo a convencer os veciños máis influentes para que se unan á súa lista electoral, pero fáltalle o máis importante: atopar a persoa apropiada para que sexa o seu brazo dereito, o número dous na súa candidatura á alcaldía.

Première diffusion : 6 décembre 2015

Moito que calar

S2 E11 Moito que calar

Don Amancio, o párroco da vila, vive torturado polo segredo de confesión. O seu sancristán fíxoo partícipe do peor dos relatos e a súa condición de sacerdote obrígao a calar. O cura desexa abandonar a vila, pero a súa marcha prexudicaría seriamente a Santos, que non pensa deixar escapar un dos seus mellores negocios. Co anuncio da posible marcha de Don Amancio, comeza a loita polos terreos da parroquia. Vender ou deixar a Santos á fronte? Que será o correcto? Ao párroco preocúpalle unha soa cousa: o benestar dos seus traballadores. Mentres, a Garda Civil parece pechar o círculo de sospeitosos na súa investigación da morte de Álex. Catro homes sentados arredor dunha mesa e todos con algo que calar. Só queda esperar a que un deles diga a primeira palabra. Será o párroco, o vigairo, o sancristán ou o anticuario? Mentres tanto, Evaristo Fiúza presenta formalmente a súa candidatura á alcaldía de Serramoura, con Teresa Soutelo como valedora e única fonte de financiamento, un xogo perigoso que pode ter consecuencias insospeitadas.

Première diffusion : 13 décembre 2015

Todo por nada

S2 E12 Todo por nada

Première diffusion : 27 décembre 2015

Loita de poder

S2 E13 Loita de poder

Première diffusion : 3 janvier 2016

Saldando contas

S2 E14 Saldando contas

Première diffusion : 10 janvier 2016

Contar ata cen

S2 E15 Contar ata cen

Première diffusion : 17 janvier 2016